Carta no Día do Xornalista

24 de enero 2021
Actualizada: 18 de junio 2024

Hoxe, 24 de xaneiro, celebramos o Día do Xornalista en España, coincidindo co voso patrono, San Francisco de Sales, e quero remitirvos estas palabras para transmitirvos os meus parabéns por esta efeméride e para agradecervos o gran traballo que facedes todos os días do ano

Estimadas amigas e amigos xornalistas,

Hoxe, 24 de xaneiro, celebramos o Día do Xornalista en España, coincidindo co voso patrono, San Francisco de Sales, e quero remitirvos estas palabras para transmitirvos os meus parabéns por esta efeméride e para agradecervos o gran traballo que facedes todos os días do ano, que, no caso da vosa bonita profesión, non é unha frase feita, senón unha absoluta realidade de gran valor para a sociedade.

Gustaríame ter compartido esta data convosco, celebrando algún acto xuntos, pero a terrible pandemia que nos azouta dende hai máis de dez meses obríganos a adialo para tempos mellores. Agardo que o próximo ano poidamos conmemorar esta data todos xuntos.

E ademais quero aproveitar este voso día para expresar o meu recoñecemento ao voso enorme labor, que considero fundamental e imprescindible para gozar dun sistema democrático forte e libre como o que temos en Galicia e España, para acadar unha sociedade en igualdade e para conseguir os niveis de progreso e desenvolvemento propios dun país avanzado. Sen vós e o voso traballo, tan vocacional como sacrificado, todo isto non sería posible. Por todo elo, e pola importancia da información, a fiscalización e o valor social e civil do xornalismo, moitas e merecidas grazas.