Recollen firmas para pedir ante a Valedora do Pobo que a electricidade chegue á aldea de Portomartiño
Por Diego Espiño
Unha das imaxes que deixou o último pleno municipal da Lama non se produciu no interior do Concello, senón fóra do edificio consistorial.
Alí, veciños de Portomartiño iniciaron unha recollida de firmas para levar ante a Valedora do Pobo a súa demanda de chegada de electrictidad á súa aldea, tras anos de reclamando ter acceso a este servizo básico.
"En pleno Século XXI Portomartiño é posible que sexa a última aldea habitada de Galicia que nunca contou con suministro eléctrico e paradóxicamente existen parques eólicos construídos e varios en tramitación ao seu arredor", explica Ana Gómez en representación dos veciños.
Aseguran que Eléctrica do Moscoso, única compañía permitida para subministración de enerxía na zona, non cumpriu coa obriga de ofrecer servizo a todos os veciños a pesar das subvencións recibidas para mellorar as súas prestacións.
Ademais "o alcalde e perfecto coñecedor da situación, de que as condicións de vida son muy precarias durante os meses de inverno cando as placas solares non son suficientes para producir un suministro constante. De que existen vivendas pendentes de rehabilitación, porque sen electricidade non poden dispor de servicios tan básicos como un motor para pozos de auga ou caldeiras de calefacción", defenden os afectados.
A súa situación, sinalan, foi tamén comunicada á Xunta de Galicia sen que polo momento atopouse unha solución.