Bueu volverá celebrar do 5 ao 7 de abril o Encontro-Degustación do Millo Corvo
Por Redacción
O lugar de Meiro, no municipio de Bueu, celebrará do 5 ao 7 de abril una das súas actividades estrela co XXIV Encontro-Degustación do Millo Corvo.
Organizada pola Asociación Cultural de Meiro e o Concello de Bueu este evento, catalogado como Festa de Interese Turístico de Galicia, deu a coñecer a súa programación para este ano nunha presentación celebrada na contorna do Muíño da Presa.
Degustacións, charlas divulgativas, obradoiros e actuacións musicais darán cor ao encontro, co obxectivo de dar a coñecer un produto tan típico galego e da zona como as espigas de cor negra.
O inicio das actividades será un roteiro educativo desde o IES Johan Carballeira ata os muíños o venres 5 de abril ás 10.30 horas, evento que servirá de inicio á tradicional Muíñada, que se celebrará ás 18.00 horas nos Muíños do Canudo. Pola noite, a partir das 20.00 horas, desenvolverase unha festa aberta que combinará a música folk con outras propostas, e na que tamén se poderán degustar filloas de millo corvo con chourizo ao viño e queimada.
Xa o sábado, ás 11.30 horas, abrirase a Ecotaberna no recinto da Morada, e ás 12.00 a mestra cervexeira Marta Galán presentará a edición limitada da cervexa con Millo Corvo. Ás 13.30 horas, actuará o grupo tradicional Pandereteir@s do Arco de Vila Nova (Hío), mentres que pola tarde será a quenda de diversos obradoiros sobre queixos veganos, sobre a eloaboración monicreques con material reciclado, sobre o futuro dos montes, sobre a elaboración de xabóns con aceite usado ou sobre o 'handpan'. O día finalizará ás 21.00 horas coa actuación de The Tetas Van.
Por útlimo o domingo ás 11.00 horas a xornada comezará cunha andaina por Muíños do Canudo. Despois se presentrará o libro 'Cociñeiras con Talento', de Xavier Castro e actuará PÄRBO-Riobó & Pintos Duet. Pola tarde, ás 16.00 horas desenvolverase un obradoiro de xabón cosmético, seguido dunha charla sobre nutrición fisiolóxica e consciente, mentres que ás 18.00 horas, Brais das Hortas deleitará ao público familiar co espectáculo "Consertasso na horta". A continuación haberá un encontro aberto con Aroprodutor@s do Morrazo, e finalizará a xornada ás 19.30 horas coa actuación musical de Ailá.
Ademais haberá propostas para o público familiar con postos de artesanía, xogos tradicionais e talleres infantís.