Un veciño de Marín pide axuda económica para poder realizarlle un tratamento de quimioterapia ao seu can
Por Oskar Viéitez
Alejandro Cortegoso Sobral, veciño de Marín, iniciou unha campaña de recollida de fondos na plataforma GoFundMe para sufragar o tratamento de quimioterapia que necesita o seu can Mika, un pinscher de 9 anos de idade que padece un Linfoma tipo B.
Cortegoso explica que a súa mascota necesita este tratamento para poder controlar a enfermidade e mellorar a súa calidade de vida, "tamén pode axudar a reducir o tamaño deste tumor e aliviar algún dos síntomas".
Este tratamento consiste en 16 sesións de quimioterapia, segundo o que o oncólogo lle explicou a Alejandro. "Como imaxinaredes, o custo é elevado xa que os cans non contan cunha sanidade pública e os donos deben custear todos os tratamentos", manifesta o autor da iniciativa.
O custo do tratamento é de 2.762 euros. Isto durará unhas 20-25 semanas, en función de como reaccione o can. O tratamento son 16 pero teñen que deixar algunha semana de descanso.
Alejandro Cortegoso comprométese a ir informando de todo o proceso e da evolución de Mika. Tamén asegura que subirá foto de todos os recibos así como de todos os datos médicos "para que quede constancia da realidade do asunto".
Relacionadas:
-
Denuncian ante o Seprona a aparición de chourizos envelenados nunha zona de monte de Vilaboa
Por Oskar Viéitez |
-
Susto para o atleta Jacobo Soler en plena cidade: "estaba camiñando e atopeime de fronte o xabaril"
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
O BNG de Marín solicita a creación de áreas recreativas para cans
Por Oskar Viéitez |
-
"Tiven que deixar fóra da consulta o meu can guía porque o médico lle tiña medo"
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Alfonso Rueda anima a adoptar animais nos refuxios autorizados porque "merecen unha segunda vida"
Por Alejandro Espiño |
-
Os cans superan en número os nenos e tamén van á escola
Por Mónica Patxot & María José Pita |