O Galaico Sincro celebra a medalla de bronce de Iván González no Nacional Infantil
Por Redacción
O Campionato de España Infantil de Natación Artística por Federacións Autonómicas celebrado no Palacio Municipal de Deportes Son Moix de Palma de Mallorca deixou grandes noticias para o Club Galaico Sincro.
Fíxoo especialmente coa medalla de bronce conseguida polo seu deportista Iván González.
O mozo pontevedrés logrou subir ao podio no 'solo masculino', sendo superado en puntuación soamente por Eneko Sánchez (Cataluña) e Ehedey García (Canarias).
Ademais participou no dúo mixto xunto a Martina Álvarez asinando un quinto posto.
No campionato participaron deportistas de Andalucía, Asturias, Baleares, Canarias, Castela a Mancha, Castela León, Cantabria, Cataluña, País Vasco, Galicia, Madrid, Murcia e Valencia.
Relacionadas:
-
Daniela Suárez, primeira galega convocada polo equipo nacional absoluto de natación artística
Por Diego Espiño |
-
Juan David Hernández e Daniela Suárez fan historia para o Galaico Sincro cunha dobre medalla no Campionato de España
Por Diego Espiño |
-
O equipo infantil do Galaico Sincro, entre os mellores de España
Por Redacción |
-
Daniela Suárez repite presenza na Selección Española Júnior e mira cara o Europeo e Mundial
Por Redacción |
-
Recepción municipal a Daniela Suárez, que recibirá a medalla ao mérito deportivo da RFEN
Por Redacción |
-
Iván González, o diamante en bruto da natación artística galega que se forma en Pontemuíños
Por Manu Otero & Mónica Patxot |