José Antonio García Lores "Cáceres"
Raíña Vitoria, a rúa onde non vive ninguén
Estimado alcalde, hai un proverbio que di que "se colle antes a un mentireiro que a un coxo". Afirmou vostede no programa La Ventana na Cadena SER, case en ton desdeñoso, que "aí non vive ninguén", en referencia a Avenida Raíña Vitoria. Coñecéndoo, sabemos xa que, na súa defensa, dirá que quixo dicir que vivimos poucos, eu entre eles.
Non son eu precisamente persoa sospeitosa de pertencer nin o PP, nin Cs-Cidadáns e moito menos a VOX, tampouco a asociación veciñal algunha, e levanto a voz ante os gritos do silencio doutros.
Eu son partidario das peonalizacións e mesmo na miña etapa política como concelleiro socialista fun co participe, colaborador necesario e mesmo tomei decisións a prol do desfrute dos espazos da cidade e beneficio dos seus cidadáns como a eliminación dos setos na Ferrería, wifi nas prazas públicas ou os comedores escolares.
Hai ferramentas que un alcalde ten o seu alcance para saber onde viven as persoas na súa cidade. Non negue a nosa existencia. Vostede coñece a cidade, non se converta nun analfabeto urbano, utilice os recursos. Raíña Vitoria no so é asfalto, so ten que consultar o IBI ou IVTM, a auga e lixo ou mesmo o histórico de licencias de edificación, consulte o censo de electores. Resulta imperdoable que tan sequera mire o padrón de habitantes municipal.
O impúdico exercicio do poder, non debe levar a crer que todo o que se toca é ouro. E nada máis lonxe da realidade de caer na tentación, tal cal emperador romano embebido na súa propia egolatría, de outorgarse un status de divindade que lle impida ver como corrompe, sen inmutarse, os principios de lealdade, veracidade e transparencia coas súas actuacións o servizo do benestar dos cidadáns.
Estamos acostumados o peche puntual de Raíña Vitoria durante as festas ou probas deportivas, e pese o trastorno, o aplaudimos, e nos agrada ver a nosa avenida chea de xente e de vida. O peche da rúa, baixo pretextos filibusteiros, absurdos, carentes de lóxica e sentido común, utilizando o COVID ao seu antollo, nun centro cun dos patios máis grandes do estado español, contando coa Alameda e Montero Ríos, é ridículo, un esperpento.
E non sabe o que fan os rapaces no recreo, que é ir tomar café e bocadillos nos locais do centro da cidade.
Vostede agocha a verdadeira razón, e créame que ata prexudica os que levan o adhesivo coa GZ no seu vehículo.
Pode enganar os cidadáns dicindo que mellorou a calidade do aire, pero é evidente que empeorou noutros lugares, agora saturados polo tráfico, e o paradoxo dos que vivimos en Raíña Vitoria ou Palamios, que para saír da cidade agora temos que entrar e circular por ela.
¿Non se decata de que están canalizando o tráfico a escolas infantís e contornas escolares? ¿Ou será que están mal situados os centros educativos?
Parodicamente eliminan os coches e montan unha pista de karts, ocupando o espazo que xustificaron que pechaban, para goce e garantir a distancia social do alumnado do Sánchez Cantón, comprometendo a entrada e saída no mesmo, tal cal boca de metro, aínda que, xa sabemos tamén, nos vai dicir que son quince días antes das vacacións.
Cando alguén se equivoca o máis prudente é tratar de emendar os erros.
Hai outro proverbio que di que rectificar é de sabios, e eu engadiría que non facelo, é de necios.
So agardo que se segue instalado nesa necidade, nos exima, os "cidadáns inexistentes" de Raíña Vitoria, deses impostos que lle citei con anterioridade, e o invitamos a pasear pola "Avenida de Ninguén", xa lle facilito o nome para que o cambie, por aquelo de ser congruentes cos que somos pouco monárquicos. Veña ver como os vehículos se trabucan, que non hai alieníxenas, e que aínda que somos poucos, non por iso temos menos razón.
José Antonio García Lores (Cáceres)
(Ex concelleiro socialista)