Os pazos de Fefiñáns e Casalnovo e a Estación Fitopatolóxica Areeiro incorpóranse á Ruta da Camelia
Por Redacción
A Ruta da Camelia, o itinerario turístico deseñado pola Xunta de Galicia ao redor deste recurso natural, vén de incrementar o seu número de espazos con seis novas incorporacións que fortalecerán este produto turístico e permitirán afondar na diversificación da oferta fóra de temporada alta.
Así o acordou este mércores o Comité da Camelia de Galicia que é o órgano creado polo Goberno autonómico e formado por distintas entidades que avalían as posibles incorporacións ao itinerario.
Ao abeiro deste acordo, incorpóranse á Ruta da Camelia a Estación Fitopatolóxica Areeiro, en Pontevedra; o Pazo de Casalnovo, en Caldas de Reis; e o Pazo de Fefiñáns, en Cambados.
Además súmanse o Pazo de Faramello, na Coruña; a Fundación Camilo José Cela, en Padrón e o Hotel Spa A Quinta da Auga, en Santiago de Compostela.
A partir de agora a Ruta pasa de ter 13 lugares singulares no seu percorrido a 19.
Galicia posiciónase deste xeito como referente internacional no cultivo e produción desta planta, chegando na actualidade a atesourar case 2.500 cultivares diferentes de camelia. É o único destino en Europa con tanta variedade de camelias e con tanta tradición en coleccionismo, onde viven algunhas das cameiias máis antigas de España e máis lonxevas de Europa.
Relacionadas:
-
Unha invitación para probar a bebida máis consumida do mundo, despois da auga
Por Oskar Viéitez |
-
Caldas aumenta dos seis aos oito millóns de euros o seu orzamento municipal de 2024
Por Redacción |
-
Novo programa de visitas guiadas á Estación Fitopatolóxica Areeiro
Por Redacción |
-
25 especialistas de Galicia en cultivo de camelias amosan a súa arte en Sanxenxo
Por Redacción |
-
O colexio de Campolongo inaugura a XXII Exposición da Camelia
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Gran participación na XXII edición do Certame da Camelia
Por Redacción |