Lluis Bassat, "o mellor publicista do século XX", principal ponente del congreso de marketing Fluor
Por Redacción
Lluis Bassat, considerado como un dos mellores publicistas do século XX, será o principal relator da sexta edición do congreso de márketing Flúor, que se celebrará en Pontevedra os días 30 e 31 de maio.
Este congreso, organizado polo Clúster de Comunicación de Galicia, prevé concentrar na cidade á vangarda do márketing e a publicidade, ofrecendo relatorios e talleres.
Xunto a Bassat, fundador da axencia Bassat Ogilvy, participarán neste foro o publicista Toni Segarra, o arxentino Andy Stalman, un dos referentes mundiais en branding ou Inês Fonseca, responsable de márketing da firma Johnnie Walker en Europa.
Flúor concentrará a grandes referentes do sector, pero tamén ás axencias e empresas galegas que fixeron que esta comunidade sexa punteira en creatividade, segundo avanzan os organizadores
Haberá, en total, máis de quince relatorios e obradoiros onde expertos de diferentes empresas compartirán o aprendido nas súas traxectorias e reflexionarán sobre o presente e futuro no márketing.
Ademais, organizaranse encontros de networking e outras actividades pensadas para aprender e coñecer a profesionais reputados do mundo do márketing e profesionais innovadores en distintas áreas.