Homenaxe a Xosé Fortes no cincuenta aniversario da fundación da Unión Militar Democrática
Por Oskar Viéitez
A Tertulia Literaria Café Voltaire, co apoio dos ateneos de Pontevedra e Vigo, organizan o venres 31 de maio na Finca Batacos da cidade do Lérez unha homenaxe a Xosé Fortes (Caroi, Cotobade, 1934) co gallo do cincuenta aniversario da revolución do 25 de abril en Portugal e da fundación da Unión Militar Democrática (UMD).
Os organizadores consideran que estes dous feitos foron "decisivos" para a instalación na península ibérica de rexímenes democráticos e nos dous o militar pontevedrés estivo moi vencellado. Tamén queren recoñecer o seu "traballo a prol da difusión cultural" como profesor para varias xeracións de pontevedreses, director da primeira revista infantil en galego (Vagalume) e autor de máis dunha veintena de libros de temática histórica.
A UMD foi, en opinión de moitos historiadores, un dos feitos máis relevantes do tardofranquismo e a Transición, nun contexto histórico no que o exército supoña un tapón para o tránsito á democracia tras 40 años de ditadura en España. O oficial pontevedrés, daquela capitán de infantería, foi dos primeros militares españois que mantivo contacto cos militares portugueses que o 25 de abril de 1974 botaron abaixo o rexime salazarista, unha ditadura ainda máis antiga que a española.
Fortes contactou daquela con varios dos seus protagonistas, como Otelo Saraiva do Carvalho, Rosa Coutinho, Martíns Guerreiro, Manuel Contreiras ou Vasco Lourenço, que actualmente preside a Asociación 25 de abril. A partir de ahí se pon en marcha en tres rexións militares (Galicia, Madrid e Cataluña) unha organización clandestina de militares ás que precisamente Fortes, un dos cofundadores, poría nome: a Unión Militar Democrática.
O seu ideario era espallar a semente da libertade e a democracia nun exército español moi marcado polas ideas franquistas.
A idea non era repetir o sucedido en Portugal (algo impensable) se non evitar que as forzas armadas fosen un impedimento para ese tránsito a un sistema de libertades.
A súa labor de concienciación clandestina e a súa simple existencia axudou notablemente a conseguir ese propósito.
Finalmente, ainda co dictador Franco en vida, serían detidos, sometidos a consello de guerra, expulsados do exército e condenados a penas de prisión. No caso do oficial pontevedrés foi condenado a catro anos, dos que cumpriu un ó rebaixarselle a pena por un indulto real tra-la morte de Franco.
Asi e todo, non foron entón incluidos na amnistía por presións dos xenerais azuis, os integrantes do chamado Bunker, polo que non puideron reingresar nas forzas armadas. So a finais do ano 86 serían rehabilitados nos seus graos militares (no caso de Fortes chegaría a coronel) pero sin posibilidade real de reingresar a unha unidade, polo que pasaron directamente á reserva.
Moitos anos despois, en 2010 e con Carme Chacón como o ministra de Defensa, recibiron como recoñecemento polo seu labor a medalla ao mérito militar.
O acto de homenaxe comezará cun viño as 13.30 horas nos exteriores da Finca Batacos e logo un xantar o que xa comprometeron presencia máis dun cento de persoas, e rematará coa intervención dalgúns dos asistentes, a proxección de imaxes do homenaxeado e os saudos de persoeiros da política e a cultura do noso país.
Para apuntarse hai que ingresar 45 euros na conta ES10 0049 2910 4027 1402 6907 de SOBRAL Y ÁLVAREZ S.L. Concepto Homenaxe a Xosé Fortes. O prazo de reserva remata o vindeiro sábado 25 de maio.