Xerardo Torrado Agulla
"Camerata Arven", un luxo para os pontevedreses e pontevedresas
O concerto foi unha das poucas ocasións que temos en Pontevedra para escoitar boa música clásica e estivo moi ben concurrido, o contrario que o primeiro do ciclo, onde sen dúbida por unha escasa publicitación a asistencia foi menor. A "Camerata Arven", formación local intérprete de música tanto clásica como contemporánea, xa protagonizara en anos anteriores este ciclo chamado "Do silencio á emoción", ciclo do cal aínda faltan dous concertos de corte familiar (de feito son en domingo e ás doce do mediodía). Con este ciclo e cas súas colaboracións ca "Sociedad Filarmónica" de Pontevedra, a "Camerata Arven" preséntase como unha formación consolidada e un luxo para os pontevedreses e pontevedresas que gustamos da música clásica. Non podo senón animar para que asistan os vindeiros concertos que quedan do ciclo, o primeiro deles o domingo 5 de maio, que conxuga música e maxia, para o cal hai que sacar a invitación de balde en "Ataquilla" e levar algún alimento non perecedeiro para o banco de alimentos, xa que os concertos participan en "Cultura por alimentos". O derradeiro dos concertos é o domingo 12 de maio, no cal presentarase a composición "A cerva branca", neste caso hai que sacar entrada en "Ataquilla" e igualmente levar algo para o banco de alimentos.
O ano pasado, a "Camerata Arven" neste ciclo trouxonos unha interesante adaptación da Sétima Sinfonía de Beethoven en La maior op.92, a "Pastoral", para orquestra de cámara, ademais dunha gala lírica ca colaboración da soprano canadiense afincada en Pontevedra Bonnie Couper, ambos foron excelentes e resultaron para min a oportunidade durante algo máis dunha hora de "desconectar" dos meus problemas de saúde, que me impiden precisamente disfrutar dalgo como un concerto, xa que se trata de problemas de oído. Cando o SERGAS decida facerme a timpanoplastia, para a cal nen estou e nlista de espera, llo agradecerei, xa que nun 99,99999 % de probabilidades recuperarei a miña vida, e eles o saben tan ben coma min. Por certo, é máis difícil que che dean unha cita para falar co xerente e ensinarlle unhas fotos que indican que o SERGAS minte sobre o estado do meu tímpano, que conseguir unha audiencia do mesmo Papa de Roma, créanme levo semanas intentándoo.
O concerto do oiteto de Schubert foi impecable, pero a xente aplaudía cando non debía: entre os movementos. Para descargo deste público, debo decir que ese respeto casi sacrosanto por non interrumpi-los concertos cos aprausos entre movementos, igual é algo máis novo do que cremos. Por exemplo, na Viena do século XIX, era habitual intercalar obras menores, e incluso números cómicos, entre os concertos. Así foi no 23 de decembro do 1806 cando na estrea do concerto para violín de Beethoven en Re maior op.61, o meu concerto de violín favorito, o solista Franz Clement, primeiro violinista do Theater an der Wien, para quen fora composto o concerto, entre os dous movementos do mesmo divertiu ó público asistente cun número de exhibición, tocando o violín do revés. Tamén é sabido, polas crónicas culturais da época, que nas interpretación dos dous concertos para piano de Chopin, o mesmo Chopin adoitaba intercalar pezas menores entre os movementos.
Disfrutei moito dos dous concertos do que leva de ciclo a "Camerata Arven". Parabén e todas e todos os músicos que a integran.
Schubert